O voceiro do Partido Socialista, José Antonio Pereira Gil, tamén se queixou da tardanza en aprobar os orzamentos:”O ideal sería que se aprobaran a finais do ano anterior”.
Centrou as súa crítica na falta de fondos para os saneamentos e a creación de emprego. Non considera normal que haxa “unha partida saneamento de 46.000 euros, e en festexos dedíquense 50.000 euros, que non inclúen as festas parroquiais”.
Xustificou o voto en contra con outra crítica:”Coa alta taxa de paro que temos non entendemos como só se destinan 67.000 euros a fomento de emprego”.